Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Neda activará unha nova campaña de compostaxe doméstica para sumar fogares Instalará unha carpa informativa para inscricións en Albarón


Trala boa acollida rexistrada na primeira campaña de compostaxe doméstica levada a cabo o pasado ano en Neda, o Concello volverá a reeditar o proxecto para lograr sumar novos veciños e veciñas implicados. Así, avanza que o próximo mércores 2 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, levará a Albarón unha carpa informativa para dar a coñecer o programa e inscribirse no mesmo.

Inicialmente esta segunda fase da iniciativa está ideada para a participación de 20 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, que recibirán de forma totalmente gratuíta os materiais necesarios para a elaboración de compost. A partir do 2 de novembro, as persoas interesadas poderán inscribirse ben na propia carpa ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, ata fin de existencias.

O Concello de Neda leva a cabo este proxecto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU-.